Webinario A protección do denunciante: Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia
Agenda Compliance Curso Derecho EGAP Formación Santiago de Compostela Sector Público
Leer más
A Directiva (UE) nº 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión, abriu un período de adaptación normativa e executiva que tiña como finalidade incorporar as súas previsións, previsións que o sector público debería cumprir antes do 17 de decembro de 2021.
Un dos instrumentos substantivos do sistema institucional deseñado para a protección do denunciante é a posta en marcha de canles internas efectivas para a tramitación das denuncias, poñendo en marcha as vías adecuadas para a súa tramitación e garantindo a protección do denunciante.A directiva establece as normas mínimas para que os Estados membros introduzan e manteñan as disposicións que sexan máis favorables, polo que os distintos niveis da Administración deben regular o seu deseño e adopción dentro do marco de integridade institucional. Neste sentido, este webinario pretende dar a coñecer o contido da Directiva e o Plan de prevención de riscos de xestión que adoptou a Comunidade Autónoma de Galicia a finais do ano 2021 e que está plenamente vixente.
Organizadores
Escuela Gallega de Administración Pública (EGAP)
Añadir a calendario