Próximos eventos

Buscador de eventos jurídicos

Mapa de eventos

¿Quieres recibir eventos como este en tu email?

EGAP, Calle Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
(A Coruña) (ver mapa)

Leer más

Os novos fondos para a recuperación, transformación e resiliencia supoñen a apertura dunha xanela de oportunidade en moitos ámbitos.

A pandemia da COVID-19 cambiou as perspectivas económicas dos próximos anos na Unión Europea. Para facer fronte á crise económica non só se aprobou un novo marco financeiro plurianual senón tamén un novo paquete de fondos (Next Generation) e, en particular, o instrumento do mecanismo de recuperación e resiliencia que supoñerán para España uns 140.000 millóns de euros.

Así mesmo, xa se incluíron nos orzamentos xerais do Estado partidas para a súa exe-cución e aprobouse unha norma para este efecto, o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro.

A conferencia pretende expoñer de forma práctica os principais elementos deste real decreto e analizar os aspectos máis relevantes: os proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica (Pertes), o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as posibilidades de colaboración público-privada, os cambios na contratación pública e outras fórmulas non contractuais.

Organizadores

Escuela Gallega de Administración Pública (EGAP)

Añadir a calendario

web del evento